Visualización de caixas de diálogo co código do programa

Na xanela da caixa de diálogo que creou en LibreOffice BASIC, prema a lapela co nome do módulo á cal está atribuída a caixa de diálogo para saír do editor. O nome da lapela está situado na parte inferior da xanela.

Introduza o seguinte código para unha subrutina chamada MostrarDiálogo1. Neste exemplo, o nome da caixa de diálogo creada é «Diálogo1»:

Sub Dialog1Show

    BasicLibraries.LoadLibrary("Tools")

    oDialog1 = LoadDialog("Standard", "Dialog1")

    oDialog1.Execute()

End Sub

Sen utilizar «LoadDialog» pode activar o código da seguinte forma:

Sub Dialog1Show

    DialogLibraries.LoadLibrary("Standard")

    oDialog1 = CreateUnoDialog( DialogLibraries.Standard.Dialog1 )

    oDialog1.Execute()

End Sub

Se executa este código, ábrese «Dialog1». Para pechar a caixa de diálogo, prema no botón (x) da súa barra de título.