Exemplos de programación para controis no Editor de caixas de diálogo

Os seguintes exemplos guíano na creación dunha caixa de diálogo chamada «Dialog1». Utilice as ferramentas situadas na Caixa de ferramentas no editor de caixas de diálogo para crear a caixa de diálogo e engadir os seguintes controis: unha Caixa de verificación chamada «CaixaVerificación1», un Campo de etiqueta chamado «CampoEtiqueta1», un Botón chamado «Botón1», e unha Caixa de lista chamada «CaixaLista1».

Icona Aviso

Ao anexar un control a unha variábel de obxecto, sexa coherente no uso de letras maiúsculas e minúsculas.


Función global para cargar caixas de diálogo

Function LoadDialog(Libname as String, DialogName as String, Optional oLibContainer)

Dim oLib as Object

Dim oLibDialog as Object

Dim oRuntimeDialog as Object

    If IsMissing(oLibContainer) Then

        oLibContainer = DialogLibraries

    End If

    oLibContainer.LoadLibrary(LibName)

    oLib = oLibContainer.GetByName(Libname)

    oLibDialog = oLib.GetByName(DialogName)

    oRuntimeDialog = CreateUnoDialog(oLibDialog)

    LoadDialog() = oRuntimeDialog

End Function

Visualización de caixas de diálogo

rem definición global de variábeis

Dim oDialog1 AS Object

Sub StartDialog1

    BasicLibraries.LoadLibrary("Tools")

    oDialog1 = LoadDialog("Standard", "Dialog1")

    oDialog1.Execute()

End Sub

Lectura ou edición de propiedades de controis no programa

Sub Sample1

    BasicLibraries.LoadLibrary("Tools")

    oDialog1 = LoadDialog("Standard", "Dialog1")

    REM obter modelo da caixa de diálogo

    oDialog1Model = oDialog1.Model

    REM mostrar texto de Etiqueta1

    oLabel1 = oDialog1.GetControl("Label1")

    MsgBox oLabel1.Text

    REM definir novo texto para o control Etiqueta1

    oLabel1.Text = "Novos ficheiros"

    REM mostrar propiedades de modelo para o control CaixaVerificación1

    oCheckBox1Model = oDialog1Model.CheckBox1

    MsgBox oCheckBox1Model.Dbg_Properties

    REM definir novo estado de CaixaVerificación1 para modelo de control

    oCheckBox1Model.State = 1

    REM mostrar propiedades de modelo para o control Botón1

    oCMD1Model = oDialog1Model.CommandButton1

    MsgBox oCMD1Model.Dbg_Properties

    REM mostrar propiedades do control Botón1

    oCMD1 = oDialog1.GetControl("CommandButton1")

    MsgBox oCMD1.Dbg_Properties

    REM executar caixa de diálogo

    oDialog1.Execute()

End Sub

Engadir entradas en caixas de lista (ListBox)

Sub AddEntry

    BasicLibraries.LoadLibrary("Tools")

    oDialog1 = LoadDialog("Standard", "Dialog1")

    REM engade unha nova entrada ao control CaixaLista

    oDialog1Model = oDialog1.Model

    oListBox = oDialog1.GetControl("ListBox1")

    Dim iCount as integer

    iCount = oListbox.ItemCount

    oListbox.additem("Novo elemento" & iCount,0)

End Sub

Eliminar entradas de caixas de lista (ListBox)

Sub RemoveEntry

    BasicLibraries.LoadLibrary("Tools")

    oDialog1 = LoadDialog("Standard", "Dialog1")

    REM eliminar a primeira entrada do control CaixaListaxe

    oDialog1Model = oDialog1.Model

    oListBox = oDialog1.GetControl("ListBox1")

    oListbox.removeitems(0,1)

End Sub