Creación de caixas de diálogo de Basic

  1. Seleccione Ferramentas - Macros - Organizar diálogos, e prema en Novo.

  2. Introduza un nome para a caixa de diálogo e prema en Aceptar. Para posteriormente renomear a caixa de diálogo, prema co botón dereito a lapela co seu nome e seleccione Renomear.

  3. Prema Editar. O editor de caixas de diálogo de Basic abre unha caixa en branco.

  4. Se non ve a barra Caixa de ferramentas, prema na frecha que hai a carón da icona Inserir controis para abrir a barra Caixa de ferramentas.

  5. Prema nunha ferramenta e arrástrea ata a caixa de diálogo para crear o control.