Menús

A seguinte sección lista os temas de axuda dipoñíbeis en menús e caixas de diálogo.

Icona Nota A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.

Icona Aviso Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.

Ficheiro

Estas orde aplícanselle ao documento actual, abra un documento novo ou peche o aplicativo.

Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual.

Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento.

Inserir

O menú Inserir contén ordes para inserir elementos novos no documento. Isto inclúe imaxes, multimedia, gráficas, obxectos doutros aplicativos, hiperligazóns, comentarios, símbolos, notas a rodapé eseccións.

Formato

Contén ordes para formatar o deseño e o contido de documentos.

Estilos

Contén ordes para estabelecer, crear, editar, actualizar, cargar e xestionar estilos dun documento de texto.

Táboa

Mostra ordes para inserir, editar e eliminar unha táboa dentro dun documento de texto.

Ferramentas

Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos de arte que pode engadir ao seu documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.

Xanela

Contén ordes para manipular e visualizar xanelas de documentos.

Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.