LibreOffice Basic Help
LibreOffice fornece unha Interface de Programación de Aplicativos (API) que permite controlar os compoñentes do LibreOffice con diferentes linguaxes de programación empregando o Paquete de Desenvolvemento de Software (SDK) do LibreOffice. Para máis información sobre a API do LibreOffice e o Paquete de Desenvolvemento de Software (SDK), visite http://api.libreoffice.org
Esta sección de axuda explica as funcións máis frecuentes de execución do Basic de LibreOffice. Para información máis profunda, consulte a Guía de Programación do BASIC de OpenOffice.org na wiki.